miércoles, 16 de diciembre de 2009

Nadal e Ecoloxía

Mara e Miguel estaban no bosque buscando un abeto para o nadal.

De súpeto encontraron un abeto perfecto e cando o ían cortar... ¡A ÁRBORE FALOU!

-Non me cortedes, por favor, son moi nova.
-Eeentóon iireemoos aa coortaar oouutra- dixeron a vez.
-¡Non, tampouco faiades íso! Mellor comprade unha árbore artificial.- aconselloulles a árbore.

É, desde aquel día, todas as navidades usan a árbore artificial para decorar , e todas as árbores están agradecidas con eles e todos os que que seguiron o seu consello.

O misterio da pantasma

Xoán e María estaban a ler un conto de pantasmas e meigas cando... Paf!! Escoitouse un forte barullo no fallado.

Entraron e encontraron unha meiga tirada nunhas caixas.

-Qq...quen ee...eres?-preguntaou Xoán
-Son a meiga Ana, a meiga das pantasmas.
-Ee... que fas aa...aquí?-preguntou María
-E que aquí está a pantasma Raiña, a miña irmá.
-Ee... que fai ela aquí?-preguntou Xoan
-Iso non o sei,axudádesme a buscala?
-Si...si, claro- respondeu María

E os tres empezaron a buscalo por toda a casa pero nada, e xa era de noite, así que decidiron descansar lendo o libro é... vaia que sorpresa! A pantasma estaba no conto!

Cos poderes da meiga sacaron á pantasma que viñera alí porque estaba aburrida.Despois de despedirse das dúas irmáns preguntaronse:

-Non pasaría esto por ler o libro?

Así que lede e escoitade historias de medo, porque pode que vos ocorra igual.