lunes, 23 de septiembre de 2013

A miña música preferida


O meu xénero de música preferida é o J-Music que significa, en inglés Japanese Music ou o que é o mesmo, música xaponesa. Non é moi común, pero hay moi boas canción e, ademáis, de todo tipo. Desde Pop (tamén chamado J-Pop) ata Rock (J-Rock) pasando por un tipo de movemento artístico chamado Visual Kei, un xénero entre o Metal e o Rock xaponés.
O meu grupo favorito é Antic Holic ou An Cafe. Non é moi coñecido, pero é un bo grupo con cancións tan bonitas como "Alone" e "My heat leaps for "C"". Este grupo comezou en maio 2003 có vocalista Miku e o baixista Kanon, que ó coñecerse formaron un grupo coa guitarrista Shinji -máis coñecida como Bou-. A finais de Xunio dese mesmo ano, logo de alcanzar un éxito case efímero, Shinji desapareceu sen dar explicacións, sen que ninguén se decatara. Dende entón ninguén volveu saber del. Buscando desesperadamente un batería, integrouse Teruki á banda para substituílo, ademáis de Takuya (guitarrista) e Yuuki (teclado).
Inesperadamente abandonaron a música fai uns anos pero, fai apenas uns meses, volveron a subir ó escenario con novas cancións ademáis da súa xira mundial LIVE CAFE TOUR 2012 NYAPPY GO AROUND THE WORLD III -TADAIMA ~ OKAERI.