lunes, 27 de enero de 2014

Configuración dunha rede

Configuración en Windows.
Logo de ter instalados os elementos dunha rede, débese configurar os equipos para que podáse utilizar. Aínda que xa se detectan e configuran automáticamente, en Windows pódese verificar ou modificar seguindo estes pasos:
Vaia a Inicio/Panel de control. Dentro do Panel de control, busque a icona "Conexións de rede" e faga dobre click sobre elo. Ábrese unha ventá na que aparece unha icona denominada "Conexión de área local".
Pinche co botón dereito sobre a icona "conexión de área local" e no menú contextual que se desprega, escolla a opción Propiedades.
Seleccione Protocolo Internet (TCP/IP) e faga click sobre "Propiedades". Abrirase unha ventá para introdución de datos e coas propiedades da conexión de area local, onde se pode configurar parámetros como:
-Nome do equipo.
-Grupo de traballo.
-Máscara des subrede.
-Puerte de enlace.
-DNS.

Ademáis, se marca "Usar a seguinte dirección IP" pódese completar a os campos:
-Dirección IP.
-Máscara de subrede.
-Porta de enlace predeterminada.
Identificación na rede.
Cada equipo pertence a unha rede (onde ten asignado cadanseu Nome) e a un mesmo grupo de traballo se están conectados pola mesma rede.
Un exemplo é que nun grupo de traballo chamado Dell atópense equipos cós nomes PC Pedro, PC Laura, PC Alex e PC Araceli.
Comprobación do funcionamento da rede en Windows.
A veces precísase saber como é o funcionamento das redes no noso equipo ou grupo de traballo, para iso débese seguir unha serie de pasos:
Clicamos no menú Inicio e pinchamos en Os meus sitios de rede. Alí apareceran documentos compartidos coa rede e, para visualizar os equipos instalados na rede, clicamos en Ver equipos do grupo de traballo e alí se mostrarán todos os equipos conectados á rede.
Conectarse a unha rede WiFi desde un equipo.
Aínda que se conecta automáticamente, pódese conectar seguindo uns simples pasos:
Para realizar unha conexión, picamos có botón dereito do rato sobre a icona e eliximos Ver Redes inalámbricas dispoñibles.
Apareceranos esta ventá onde veremos todas as redes inalámbricas que están na nosa zona
Se é a nosa rede, ou a de alguén que nos presta o sinal e nos dá o contrasinal, a seleccionamos e pulsamos en Conectar. 

Windows intenta a conexión á rede que seleccionamos.
A seguinte ventá pediranos a clave de rede, introducímola, e de novo na pestana de abaixo, pulsamos en Conectar.
Se introducimos ben o contrasinal, nuns segundos veremos que estamos conectados á rede elixida.

Coñecer a dirección IP.
Para coñecer a dirección IP:
Ve a Inicio e executa e teclea cmdAparecerate a típica ventá de comandos estilo MS-Dos. Entón teclea ipconfig /all. Verás a configuración de todos os dispositivos ou tarxetas de rede do teu equipo. Mira a que diga Direccion IP, por exemplo: Direccion IP........192.174.168.36
Ping.
Ping.exe é unha pequena aplicación dispoñible en todos os sistemas Windows, que se executa co comando PING mediante a consola de CMD. É usada para probar a conectividade de redes.
É un das máis sinxelas e útiles ferramentas para executar calquera diagnostico ante conflitos na rede ou simplemente para estar seguro da funcionalidade de calquera conexión.
Ping comproba a conexión enviando paquetes de solicitude de eco e de resposta, mostra se se recibiu unha resposta do destino e canto tempo se tardou en recibila.
Se se produce un erro na entrega mostra unha mensaxe de erro.

Hai que comprobar as estadísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.


Máis información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario