martes, 22 de abril de 2014

Grabación de son

Dixitalización de son

Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do sonEste proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...

A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (I). Cantas máis veces se mida o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.


Formatos de son

Cando se dixitaliza son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgún dos formatos de audio existentes. Algúns dos formatos de audio máis utilizados son:

->WAV: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.

->MIDI: Nestes arquivos non se gardan sons reais, senon ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espacio que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade.
->MPS: Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espacio, con pouca perda de calidade.
->OGG: Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está basado na licencia pública xeral de GNU.
->WMA: Estes son os arquivos de audio do reproductor Windows Media que ven incorporado en Windows; son os arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
->Real Audio: É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se lee, en tempo real.
->MP3: É un formato de arquivo de son que ten unha alta calidade e cun tamaño moi reducido. Un MP3 ocupa a décima parte de espazo dun arquivo tradicional ou un CD normal.

Gravacións

  • Música
Audacity

Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio desde varias fontes diferentes e en distintos dispositivos. Está dispoñible para Windows e para Linux.
  •  Voz
Gravador de son


Pódese utiliza o Gravador de son que inclue o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluida en todos os programas de edición de son ou vídeo.
Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón Gravar para realizar a gravación.
  • CD de audio
Reprodutor de Windows Media

Para extraer a música dun CD de audio, haberá que recurrir a programas específicos de extracción de audio dixital, conocidos como ripeadores.
->En Windows o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro en formato wma ou mp3.
->En Linux, un exemplo é Sound Joicer.
  • Tarxeta de son
Tarxeta de son

->Entrada de línea de audio (azul). Permite introducir, ao ordenador, son dun aparello externo: unha radio, unha cadea de música...
->Porto MIDI/Joystick (abaixo, laranxa). Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
->Entrada de micrófono (verde). Permite introducir son do exterior: voz, música...
->Saída para altavoces ou cascos (negro). Permite conectar eses dispositivos para escoitar os distintos sons.
->Saída de audio (arriba, laranxa). Envía o son a un amplificador ou gravador externo.

jueves, 10 de abril de 2014