martes, 22 de abril de 2014

Grabación de son

Dixitalización de son

Posto que o son se transmite por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballar con el. Ese é o motivo polo que un ordenador ha de converter o sinal analóxico dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do sonEste proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xerar sons para que se oian mediante uns altofalantes, cascos musicais...

A dixitalización dun son supón tomar mostras do sinal sonoro (mostraxe) cada certo tempo (frecuencia de mostraxe) e medir a intensidade do sinal analóxico (I). Cantas máis veces se mida o sinal sonoro por segundo (frecuencia de mostraxe alta), e canto maior sexa o rango para medir a intensidade (maior número de bits para ter máis valores), mellor calidade terá o son dixitalizado e máis parecerase ao son real.


Formatos de son

Cando se dixitaliza son, a información ha de ser gardada en arquivos nalgún dos formatos de audio existentes. Algúns dos formatos de audio máis utilizados son:

->WAV: É o formato estándar; nestes arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.

->MIDI: Nestes arquivos non se gardan sons reais, senon ordes para que un sintetizador musical xere a música. Ocupan bastante menos espacio que os arquivos de son real, aínda que teñen peor calidade.
->MPS: Son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante menos espacio, con pouca perda de calidade.
->OGG: Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está basado na licencia pública xeral de GNU.
->WMA: Estes son os arquivos de audio do reproductor Windows Media que ven incorporado en Windows; son os arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet.
->Real Audio: É un formato moi utilizado en internet, xa que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se lee, en tempo real.
->MP3: É un formato de arquivo de son que ten unha alta calidade e cun tamaño moi reducido. Un MP3 ocupa a décima parte de espazo dun arquivo tradicional ou un CD normal.

Gravacións

  • Música
Audacity

Audacity é unha aplicación que permite gravar, editar e gardar os arquivos de audio desde varias fontes diferentes e en distintos dispositivos. Está dispoñible para Windows e para Linux.
  •  Voz
Gravador de son


Pódese utiliza o Gravador de son que inclue o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluida en todos os programas de edición de son ou vídeo.
Hai que enchufar o micrófono na entrada correspondente da tarxeta de son e pulsar sobre o botón Gravar para realizar a gravación.
  • CD de audio
Reprodutor de Windows Media

Para extraer a música dun CD de audio, haberá que recurrir a programas específicos de extracción de audio dixital, conocidos como ripeadores.
->En Windows o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro en formato wma ou mp3.
->En Linux, un exemplo é Sound Joicer.
  • Tarxeta de son
Tarxeta de son

->Entrada de línea de audio (azul). Permite introducir, ao ordenador, son dun aparello externo: unha radio, unha cadea de música...
->Porto MIDI/Joystick (abaixo, laranxa). Permite introducir son directamente dende un instrumento musical ou conectar un joystick para xogos.
->Entrada de micrófono (verde). Permite introducir son do exterior: voz, música...
->Saída para altavoces ou cascos (negro). Permite conectar eses dispositivos para escoitar os distintos sons.
->Saída de audio (arriba, laranxa). Envía o son a un amplificador ou gravador externo.

jueves, 10 de abril de 2014

lunes, 31 de marzo de 2014

As Meninas

TRANSFORMACIÓN
RESULTADO
Reflexar e recortar

Reflexa o cadro horizontalmente e recórtao ata eliminar ao pintor e o teito da habitación.



Reconstruír zonas borradas

Utiliza a ferramenta de clonación para quitar o can da escena e simular o contido que habería na súa posición.


Colorear un detalle

Recorta o vestido da infanta Margarita e pégao nunha nova capa. Utiliza os niveis de color para colorealo de azul.


Centrar a atención

Selecciona os persoaxes do primeiro plano, cópiaos nunha nova capa e faina non visible.
Desenfoca o fondo e volve deixar visible a primeira capa creada.


Cambio de estilo pictórico

Aplica algúns dos filtros artísticos para converter o cadro á técnica de pintura ao óleo, ao cubismo ou ao impresionismo.


Personalizar a obra

Da o teu toque artístico ó cadro modificándoo ao teu criterio, por exemplo, dibuxando algún detalle, engadindo novos persoaxes, cambiando cores, insertando texto, etc.


lunes, 24 de marzo de 2014

martes, 18 de marzo de 2014

martes, 11 de marzo de 2014

viernes, 28 de febrero de 2014