martes, 4 de febrero de 2014

Xestión de usuarios e permisos

Creación de grupos de usuarios.
Creación de grupos de usuarios
Windows é un sistema multiusuarios, que permite que varias persoas poidan usar o mesmo ordenador onde eles mesmos xestionen os seus documentos e tarefas. Para elo, asignan diferentes usuarios que poden cambiar a súa configuración. Dependendo do tipo de usuario (administrador ou usuario) teñen diferentes accesos ó sistema operativo e poden realizar ou non diversos cambios as aplicacións e recursos dependendo do que estén autorizados cada un deles.
Identificación.
Identificación
Para entrar no sistema operativo Windows cando hai varias contas (multiusuario) cada unha solicita diferentes tipos de requisitos para entrar en cada unha delas e que sexa o máis segura posible, sen que ninguén entre nas diferentes contas. Son o nome de usuario (login) e un contrasinal (password); esta última é opcional, pero recoméndase a súa aplicación.
Se se introducen correctamente, entraremos na pantalla principal e o sistema operativo deixaranos entrar e acceder a todos aqueles recursos nos que temos permiso para entrar; o que depende do tipo de usuario.
Xestión de contas en Windows.
Xestión de contas en Windows
A xestión de contas de usuario e grupos (que aparece no Panel de control de Windows) é unha parte esencial da administración de sistemas dentro dunha organización. Pero para facer isto efectivamente, un bo administrador de sistemas primeiro debe entender o que son as contas de usuario e os grupos e como funcionan.
A razón principal para as contas de usuario é verificar a identidade de cada individuo utilizando un computador. Unha razón secundaria é a de permitir a utilización personalizada de recursos e privilexios de acceso. 
Os recursos inclúen arquivos, directorios e dispositivos. O control de acceso a estes dispositivos forma unha gran parte da rutina diaria dun administrador de sistemas; a miúdo o acceso a un recurso é controlado por grupos. Os grupos son construcións lóxicas que se poden utilizar para enlazar usuarios para un propósito común. Por exemplo, se unha organización ten varios administradores de sistemas, todos eles se poden colocar nun grupo administrador de sistema. Logo pódenselle dar permisos ao grupo para acceder a recursos claves do sistema. Desta forma, os grupos poden ser unha ferramenta poderosa para a administración de recursos e acceso.
Espacio de traballo.
Chámaselle Cuenta de usuario ó espazo de traballo dun usuario. Cada conta desígnaselle un directorio espífico no disco duro. Alí pode almacear todo tipo de información do seu usuario: os seus arquivos, a información do usuario, documentos, páxinas web favoritos, a súa personalización do escritorio, música, imáxes, etc.  Todo isto recóllese nun cartafol que aparece xunto có dos demáis usuarios e pódese acceder e cambiar a súa información sempre que sexa conveniente.
Por exemplo, se temos una conta de usuario Alex30, toda a súa información almacenarase no cartafol C:/Documents and Settings/alex30.
Así, saberase onde se almacenan todos os arquivos dos diferentes usuarios.
Tipos de usuario.
Tipos de usuarios
Normalmente existe un Administrador e o resto son Usuarios:
->Administrador: 
É o usuario que pode levar a cabo os cambios importantes no sistema,crear contas de usuario: cambiar arquivos do sistema, ler e acceder arquivos doutros usuarios, agregar ou quitar hardware, cambiar contrasinais de contas de usuario, cambiar o seu contrasinal de usuario, instalar calquera programa, gardar arquivos, etc. Sempre hai polo menos un usuario de tipo Administrador no sistema, que é o que debería ser o responsable da seguridade do equipo e da dos outros usuarios. Para instalar unha nova aplicación necesitas ser un usuario deste grupo.
->Usuario: 
Distínguese do administrador principalmente en que en que non ten permisos para instalar programas, pero pode utilizar os instalados por administradores. Un usuario limitado non terá acceso aos arquivos doutros usuarios, nin a compoñentes importantes do sistema operativo.
Pero ten acceso a cambiar o seu contrasinal de usuario instalar a maioría dos programas e gardar documentos e demais arquivos.
->Grupo: 
É unha política utilizada xeralmente por un sistema operativo para referirse a máis dun usuario na súa configuración e privilexios. Traballar cun grupo de usuarios que por separado pode resultar algo máis sinxelo, debido a que en vez de traballar cunha variable, consegue un vector podendo referirse a un conxunto ou a un en exclusiva, facilitando a configuración dos permisos de cada usuario e certas tarefas, como compartir recursos; podendo acceder calquera dos usuarios pertencentes ao grupo aos seus propios arquivos.
Adxuntación de permisos en Windows.
Adxuntación de permisos en Windows
Hai diferentes formas para cambiar, ver, definir ou quitar permisos de arquivos e carpetas.
1ª Forma
Facemos clic co botón secundario do mouse na carpeta da que desexa tomar posesión, e despois en PropiedadesClicamos na pestana Seguridade, e despois seleccionamos Aceptar na mensaxe de seguridade (se aparece un). Veremos que aparece unha pestana dende onde podemos asignar permisos aos usuarios. No boton Quitar pódese eliminar os usuarios ou grupos que teñen acceso e pode usar Agregar se o que se desexa é que determinados usuarios poidan acceder ó arquivo. Ó seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuarios, onde se pode permitir ou denegar cada un deles.
2ª Forma
Utilízase cando na ventana de Propiedades non aparece a pestana de Seguridade.
Nese caso, debemos ir a Inicio onde entraremos ó Panel de control. Unha vez alí, entraremos no apartado de Apariencia e temas e, máis tarde, en Opcións de carpeta. 
Cando cheguemos, haberá unha pestaña Ver, onde se poderá desactivar o botón Utilizar uso compartido simple de arquivos, atopado no apartado de Configuración avanzada.
Máis información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario